viernes, 14 de junio de 2013

O MAÑÁ SEMPRE FOI ONTE ....

É que cando chegas aos 20, 30, 40? Dá a sensación que a túa vida ten que ser un punto e aparte . Suscitarche cousas, saber onde estás e que che falta?

E é aquí cando me acordo do que opinaba sobre isto un home que coñecín rumbo á Seu d?Urgell  Aquel home que rondaba os 90 e tantos, o éxito chegoulle tarde. Díxome nun ton de voz tan elevado que todo o tren o escoitou: Nesta vida, non has de facer nunca resumos de nada porque che podo asegurar logo de tantos anos, que o mañá sempre foi onte e has de facer como cando cumpriches os 10 anos? Felicidade por crecer e preocupacións mínimas? Tan só dedícate a atopar o teu lugar para vivir neste mundo que non adoita ser no que naciches?

Non sei si o mañá sempre foi onte ou o pasadomañá é hoxe? Nin tampouco sei cal é o meu lugar neste mundo? Pero sempre que penso nel, recordo que desprendía moita felicidade e enorme paz así que seguramente estaba preto da súa verdade?
A. Espinosa


No hay comentarios:

Publicar un comentario