PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
miércoles, 19 de junio de 2013
HOMES GRISES
Xa nolo advertiran en Momo e pensabamos que aquilo era un conto .....
Pois os homes grises están aquí. Viñeron sen que ninguén os chamase e sen avisar, envoltos nas brumas dos seus fríos países do Norte, nos seus grises traxes e rostros.
Queren poñernos firmes e serios aos do Sur que somos máis pobres e máis riseiros pero tiñamos sol.
Non vos decatades? Os homes grises leváronnos o sol.
gema.19-06-13
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario