viernes, 28 de junio de 2013

Acartonado

aquel vello poeta
sentíase hoxe un poeta vello
diferente ao que coñecera hai anos

vivía nunha cume solitaria
coa casa sostida por fráxiles versos
de difícil acceso

nos andeis
libros que escribira
des-aprendidos
do tempo

a memoria
unha nebulosa
de imaxes desaparecidas

inda encontraba no xardín
algo novo entre a maleza

a follaxe das árbores
falaba dun outono que se asomaba
antes de que lle dese tempo de despedir ao verán

o amor
non era para el un estrano
seguía sentindo o lume ao seu carón
máis hoxe non sabería cantalo

tiña a pel e o corazón
acartonados.

                    Ana López.


Con este poema miñas donas despídome ata o outono, unha fadiña preciosa me espera.
!FELIZ VERÁN!

2 comentarios:

  1. Boa viaxe e bo verán. Sen ti o patio quedará ben orfo.

    ResponderEliminar
  2. Aniña sabes que as fin de curso ( eu sigo a contar os anos por cursos) sempre me deron tristeza? A xente vaise. Xa dende nena tiña a sensación de me quedar soia...Aínda hoxe non son que de liberarme desa sensación. Ven o sol , pero marchan os amigos e iso sempre pon sombras na alma.
    Que teñas un bo verán coa túa fadiña e cuidáteme!!!! E
    non me fagas moito caso. Hoxe teño a alma apretada...

    ResponderEliminar