NO PARQUE
Arrasada pola calor e o po
subo as escadas amarelas
Dende certos ángulos
podo borrar o abandono
a fonte seca
os balcóns abrasados
Debaixo das rubideiras
oculto a mirada
nas macetas colgantes
Só o bruído non desaparece
e unha corrente fría debilítame
Non quero deixar
o meu lugar debaixo das pérgolas
non quero erguerme
e aspirar o po
/o parque non pecha pola noite
Poderiamos volver mañá?
Branca Novoneyra.( Dentro do Labirito)
No hay comentarios:
Publicar un comentario