viernes, 22 de febrero de 2013

Animación á escritura

                                       O PASO DO TEMPO


Está un día chuviñento, desos que afondan o ánimo. Ademáis é sábado, non hai a obriga do traballo,  polo que me costa tomar a decisión de saír; pero cós anos aprendin a levarme a contraria no tema, e sei que non me conven quedarme na casa.
Púxenme roupa fermosa !a millor que teño! Sempre axuda,  acicaleime ben, e despois da última mirada ao espello ! fóra! Tampouco é cousa de deterse demasiado nel, cada dia hai un novo sinal de que o tempo corre...
Primeira estación : un bo café coa lectura do xornal !Que marabilla,  penso que Deus non pode empezar millor o día.
Hoxe pasei das follas que falan de política  !que lles den!  e fun directamente a axenda cultural .Farda bastante e ademáis algunha cousa sigue sendo gratis.
Moi preto de onde almorzaba hai unha sala de arte e inaguraban unha exposición de.. !Buenooo! Ali estaba o nome dun antigo noivo. Rompéramos, e nonos volvimos a ver; os motivos foron moitos, case todos de cartos !a vida pura e dura!  pero o detonante foi que tiñamos distintos criterios artísticos; ou iso dixo el .Pero dende entón quedei vacinada !Nin un artista máis na miña vida!
A sala estaba vacia, case millor , asi poderiame parar onde quixera e ver os cadros con calma.
De súpeto,  vin o cadro. !Traidor! , quedáramos en rompelo. Aquel cadro fora unha ofensa e a causa ou ¿disculpa? da nosa separación.
Estivera tempo posando para el ,deciame que ia ser unha sorpresa !Vaia  se a foi!
Cando mo ensiñou peguei un berro como o de unha leoa ferida.
-¿Pero quen é esa?
Dixome que me via asi có paso do tempo que compartiriamos; que a vida iria deixando en min as súas pegadas pero seguiria sendo fermosa.
!Non era normal! Poidera ser que cando fixesemos o amor me vise asi? .!Este tipo é un desviado!
Asi rematou o noso amor; pola arte e outras cousas que non veñen o caso.
Cando me serenei volvin a miralo. A verdade tiña unha beleza especial aquela muller chea de enrugas , con aqueles ollos de auga; sacáralle a miña boca e ata as orellas un chisco grandes...A carrapucha  foi creación do pintor.Era un cadro precioso e !vendido! Vexo que no asunto económico as cousas vanlle millor.
A altura dos meus anos inda non sei se o cadro foi unha broma macabra ou unha proba de amor.
Agora só é unha folliña no tempo.
Daquela tiña trinta anos e moita soberbia.

2 comentarios:

  1. Es a mais aplicada Aniña. Sempre a primeira en facer " os deberes" .

    Os teus relatos son axiles, cheos de humanidade, cun chisco de humor , non sempre explícito e unha gran racion de ternura, que as veces, como en este caso, semella colarse detrás das palabras e sempre moi ben resoltos. Parabens unha vez mais.

    ResponderEliminar