Hoxe, no mercado, oin unha nova mostra da sabedoría dos ditos populares:" !teñen palabras para todo!".Podedes imaxinarvos de quen falaban...
Inda que ando neso de poñer bridas á escrita, non me puiden resistir a recoller o momento. Nin que dicir ten, que non digo tanto con tan pouco como o dito, pero iso é o que teñen os ditos populares.!Son unha aúténtica fortuna da lingua!
Bueno esto é a miña reflexión:
Camiñamos a cotío levando ás costas os cadaleitos da verdade; ó redor un aire irrespirable acolle a fraternidade do noxo. O saldo da mentira arrasa coa esperanza, e os ouvidos son apedreados día tras día por palabras pervertidas.
Mentres,o silenzo, garda as follas manuscritas cós nomes e os agasallos da sombra.
Ana López.
Nembargantes temos un marabilloso fin de semana de sol , e estamos vivas , asi que !!!A DISFRUTAR! mentres poidamos.
Os ditos populares sempre encerran unha grande sabeduría .
ResponderEliminar" Teñen palabras para todo" . Para disculpar o ladrocinio, para arranxar as mentiras, para facernos comulgar con rodas de muiño... Pero o único que consiguen e matar a esperanza, rachar os soños, cubrir de lixo todo o que tocan e provocarnos vascas no estómago.
Pero tes razón Ana, hoxe fai un día marabilloso, acabo de vir de dar un paseo e alegrar a maña cunha cervexa. Non quero que a cobiza e a ineficacia duns badulaques poña nubes neste sol, anticipo dunha nova primavera...
Disculpade, hip, estou un pouco .....hip...hip...a cervexa!!!
Non che é a cervexa miña amiga, é a intensidade!
ResponderEliminarNon lles será doado facermos dobrar.
!Que siga o día!