PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
lunes, 11 de febrero de 2013
STRADIVARIUS
A mirada garda a viaxe da anduriña entre a nebra e o sol na catarse do aire; dende a cónchega dunha tartaruga até as cordas dun Stradivarius.
A mirada, corazón dun violín na barra armónica do tempo.
Estás tan espilida de mañá cedo que a min aínda non me dá tempo razonar ..... Teño a mirada entre a néboa do sono, ou tamén, dos soños.
ResponderEliminarO de madrugar tenche que ver coa artrosis, xa sabes que te bota da cama a condenada...Pero esta mirada "saiu" na tardiña,na ás dunha anduriña.
ResponderEliminarPrecioso poema. A mirada, porta que nos abre ao mundo, luz que alumna o noso interior e fai vibrar o corazón .
ResponderEliminar