jueves, 29 de noviembre de 2012

VILA-MATAS NA UNED

Ter a oportunidade de poder escoitar en vivo e directo a un home de tanto renome fai alterar os programas establecidos.
Colunnista, coleccionista de premios maiores en todo o mundo, chegou a ser presentado en conferencias súas por Europa por un mesmo premio nobel ........ Abraia a calquera tal currículum.
Sala ateigada ata a bandeira, risas complacidas da xenta aínda que non dixera nada gracioso, que non é gracioso, é retorcido.
Pois a mortales tan elementales coma min só logrou deixar un pouso de decepción e confusión.
As uvas estaban moi altas, xa sabedes.......
Vino como unha persoa que navega permanente na incertidume, creo que escribe para non ser entendido, comezou dicindo que escribía grazas aos inimigos, leva as súas novelas ata a complicación tal que non as da acabado porque o superan, mete moitas citas que a maior parte inventa  e atribúe a outro es critores .....
Personaxe por derriba de todo o ben e todo o mal, empoderado, catalán e tan tortuoso e enrevesado que para min viaxar na súa literatura sería coma navegar nun pantanal.
Non estou afeita a altitudes astronómicas.
gema, 29-11-12

No hay comentarios:

Publicar un comentario