viernes, 30 de noviembre de 2012

ESPERANZA

Andamos á procura da hora en que o home se reconcilie có mencer, e faga un pacto có ocaso para que acenda luces novas.
Andamos á procura da hora en que as miradas acollan a forza do amor que desterre o medo, que fai pendurar a vida dun feble fío nas mans dos poderosos.
Andamos á procura de que ningún erro nos poida facer perder o camiño para sempre.
Andamos a procura de reconstruir o presente reunindo os anacos do que roubaron e volver a camiñar pola esperanza.
Andamos á procura desa hora con ás que se foi un día que estabamos viaxando nun tren pantasma, cara a ningures, conducido por ausencias.



Ana López.

1 comentario:

  1. E mentres sigamos á procura da esperanza quedaranos un lugar para a ilusión, unha razón para amar e forzas para seguir camiñando...

    ResponderEliminar