...Ás veces intereses comerciais, outras algunha clase de marxinación
Entre as pedras do deserto
florecen sorrisos
que a miseria non é quen de afogar.
Entre a inmensidade da nada
e ante un futuro sen pan
os ollos da infancia
son pozos cheos de luz
porque aínda non saben
que as areas, baixo os seus pés,
asasinaron a esperanza…
"Os taxistas” do deserto.
Nenos con mans expertas e a pel queimada polo sol da inxustiza.
|
Para quen ten a capacidade de VER e SENTIR nada está oculto por máis que o intenten.
ResponderEliminarUn documento fermoso de imaxes e palabras.
!Moi ben!
Grazas Ana polas túas palabras. Ti sempre me ves con moi bos ollos.
ResponderEliminarOs DIAS fanos sempre para os oprimidos..... Non te decatas?
ResponderEliminarClaro que me decato ( por iso sempre lles tiven algo de xenreira) de aí o título, as fotos e o texto desta entrada.
ResponderEliminar