sábado, 24 de noviembre de 2012

TREGUA

!Non van a acabar con nós!
Séguenos latendo a mesma fé e a mesma entereza
no caixón de xastre que levamos no peito.
Seguimos cada día enxendrando ilusións
nunha realidade de banzos invisibles
que baixamos enganando o tempo,
coidando non romper un nocello, retorcer un brazo,
ou que nos tiren ó chan.
Camiñamos por un hoxe destruído, cara a un mañá incerto,
demorando a chegada en formas imprecisas
que lindan coas promesas.
!Non acabarán con nós!
Inda lembramos cando os días eran amables,
o mar erguía metáforas no solpor,
os reloxios non encontraban as horas,
e os soños non asinaran unha tregua.

Ana López.

1 comentario:

  1. O teu poemma semella unhan luz de esperanza que con un pé no pasado redime o presente e camiña con incerteza , pero con valentía, cara o futuro.

    ResponderEliminar