Todos
estes días veuse falando do caso Madrid Arena, e non me extraña,
analizáronse as responsabilidades dos políticos, das autoridades,
dos organizadores ........ e non me extraña, o caso é moi, moi
triste, nin que dicir ten.
Pero
a min fáltame algo: non oín en ningures mencionar a
responsabilidade que corresponde aos pais, primeiros
formadores, escola, medios de comunicación e propios
interesados.
Aquí
todos estamos pringados porque a nosa xuventude é o resultado dun
parto multidisciplinar e os resultados son moi preocupantes.
Oín
como algúns destes mozos declaraban que con 5 entradas pasaran 8 (
fraude ), como outros afirmaban que de mil asistentes 999 estaban
bebidos ou fumados, ou as dúas cousas, asaltantes embotellonados....
Son maiores de idade para todo (ou finxiron selo ), e logo a súa
responsabilidade, onde está ? Poderíanse facer asembleas de pais,
de ensinantes, de mozos, de medios de comunicación ...... en prazas
públicas e buscar alternativas a situacións tan penosas.
Non
oín falar de nada diso e penso que máis ben é a raíz da cousa.
Máis........,
música agresiva, estética agresiva, luces agresivas, alcol, armas
..... Onde está o extraordinario?
Gema,
09-11-12
Precisamente o outro día nun debate , non lembro en que canle de TV, falaba unha nai cuios fillos estiveron na festa do Madrid Arenas, e que ademáis era abogada, das responsabilidades civis dos pais incluso de fillos maiores de idade que viviran na casa paterna.
ResponderEliminarPáreceme boa idea o das asambleas...
Mira canto sentidiño eu teño, coma unha avogada. Non a vira
ResponderEliminar