"A súa esencia persoal e creativa era unha fusión, unha dobre pertenza á música e á poesía"
Miguel Anxo Fernán -Vello.
En marzo do 2004 Luísa Villalta colleu un tren con destino descoñecido e deixóunos as súas palabras sostidas nun "pizzicato" que belisca as cordas dos nosos corazóns.
Grazas sempre, que cheguen as nosas palabras onde sone agora o teu violín.
Ana López.
A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens
só chegan ou parten.
por eso tamén somos nós
a nosa última estación.
Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extranas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.
Onda nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido de nós.
Luísa Villalta.(1957-2004)
No hay comentarios:
Publicar un comentario