martes, 15 de mayo de 2012

ANIMACIÓN Á ESCRITURA

A FOTO DA BICI

Aquel día ao me erguer fun directamente á cociña preparar un café cargado que me aliviara algo a  dor de cabeza tan irresistible que me deixara a viaxe precipitada, o funeral e o cúmulo de emocións despois de tanto tempo.

 Sobre a mesa o móbil, o tabaco, unha mosca chupando o gume do coitelo e a foto.
Saqueina da carteira  cando todos se marcharon e volvín mirala moito tempo mentres choraba non sei se por meu pai, por min, por el ou por todo xunto.
Agora non quedaba ninguén que soubera aquela historia máis ca min, bueno, e el, alí onde estivera.

A foto da bici fixéra el, Daniel, unha tarde que fomos ás cereixas. Sempre me dicía que aquela bici eran as miñas ás, e tiña razón. Foi a que me permitiu zafarme das poutas teimosas do barrio e accedermos xuntos a aquel delirio amoroso que vivimos, tan intenso, tan pecaminoso, tan sacrílego,
tan  platónico e carnal ao mesmo tempo .               
Ata que meu pai o descubriu. Falou co seu que eran amigos de sempre, coma nós. O seu visitou de contado o bispo para que enviara á última vicaría  de Roma  ou onde fora aquel fillo endemoniado, irreverente e indesexable.                                        
A min por puta e pervertida, para cabo da tía Lidia, a París.
Levei sempre a foto agochada na carteira para mirala coma unha reliquia. Agora, non me fai falla escondela, ninguén máis sabe a historia.
Pierre  preguntábame  quen era o Daniel que chamaba tantas noites soñando, non cría que o enganase….  Díxenlle, cínica, que era un amigo meu que de pequeno afogara e que non podía esquecelo. Tampouco mentía tanto.....
A verdade que tiña pensado contarllo  pero foi pasando un día e outro e logo fíxose tarde. Pierre non merecía ningunha traizón, era bo e tenro coma un bo pan. Non puidera vir comigo polos nenos. Eu agradecérao sen saber moi ben por que.  Cada cousa no seu sitio.
A última noite antes de me marchar definitivamente, collín a foto da bici e queimeina paseniño,  ritual purificador do lume sobre o cinceiro, sorbendo o fume misturado coas bágoas coma un bálsamo redentor.

gema, 15-05-2012

3 comentarios:

  1. Unha historia "daquelas" nas que o diaño as liaba. Claro ...Tanto pecado, tanta represión...Eles predicaban , pero logo tamén "caían" ao fin eran homes...
    Un segredo ben gardadado e unha historia íntima na que a elipsis é figura literaria que o aclara todo.
    Parabéns !!!!!

    ResponderEliminar
  2. Fermoso Gema. As "Pontes de Mádisón " toman formas diversas . !Canto sentimento gardou esa foto !

    ResponderEliminar
  3. Deixaches a torre de Hecules po lo andamio da Eiffel, o toxo po la foie de pato, o galego po lo franchute...
    E por riba quemas a foto, afrancesada do cara...i. Bueno , o perdón para ti, que escribiches tan ben e con tanta diligencia.

    ResponderEliminar