AQUEL DÍA
Aquel día tiña que ser un "bo día" como dí a canción. Todo era perfecto. O sol que tanto se fixera de rogar ia acompañar unha xornada que prometía paz e descanso.
Dispuxo na mesa o almorzo e o xornal pero non tardou en decatarse de que a lectura non axudaba a disfrutar do café; afastauno coa mesma decisión que se afasta un inimigo.
Pensou que sería unha boa idea dar unha volta en bicicleta, sempre era unha axuda cando as "rodas" mentais se oxidaban.
Sacouna do garaxe e en canto se sentou na sela sentiuse como Marie Curie cando se subiu á súa nun tempo nada doado para que as mulleres reevindicasen a igualdade, houbo coma unha transmisión cando os pés pisaron os pedais.Agora só quedaba pedalear...
Algo non deixaba que a bicicleta correse, os pedais estaban enferruxados e o guiador non se puña dereito e non era que de dirixir a roda dianteira. Faciase dificil o equilibrio...
Baixou da bicicleta coma quen se baixa do futuro, coma se a panca da vida se rebelase a seguir.
Xa cós pés no chan descubriu que no cestiño onde puña sempre roupa de abrigo estaba baleiro.
Ana López
Que aplicada Aniña!!!!! escoitas o disparo de saída e es a primeira en iniciar a carreira.
ResponderEliminarFermosa metáfora a da bicicleta. E tamén un pouco triste. Pero as rodas da túa bicicleta xamáis se enferruxarán porque ti pedaleas día a día é aínda que ás veces coste manter o equilibrio e por moito que a "panca da vida" se rebele, saberás dirixir a roda dianteira cara o futuro.
Bueno, Ana, contigo o PATIO cobra vida e brillantez.Es por moito a alumna máis aplicada.
ResponderEliminarA historia, como di Conchi, é unha preciosa metáfora que teciches, supoño, cos fíos do corazón.
Parabéns, aprenderemos de ti a pedalear.
Como Gemita y Conchi, me uno en ese pedalear lírico hacia a esperanza. Sinto a brisa do vento nas costas abaixo, e o sano esforzo nas costas arriba...como a vida mesma.
ResponderEliminarParabens, ainda que non chegemos a meta, o importante e participar con unha sorisa.