«Era el mejor de lostiempos, era el peor de los tiempos, la edad de la sabiduría, y también de lalocura; la época de las creencias y de la incredulidad; la era de la luz y delas tinieblas; la primavera de la esperanza y el invierno de la desesperación».Dkens.
Era o mellor dos tempos, era o peor dostempos, a idade da sabiduría, e tamén daloucura; a época das crenzas e da incredulidade; a era da luz e das tebras; aprimavera da esperanza e o inverno da desesperanza, da opulencia e a sordidez convivindo ao mesmotempo dentro do mesmo corpo, no mesmoespazo, coma dous núcleos na mesma célula.
Podía parecer , a historia de dúas cidades, pero era amesma, sobrevindo unha baixo a outra.
Os da cúspide foran os que lles venderan os coches,os electrodomésticos, as súas casas…….., feitas de cartónpedra, que agora lles desafiuzaba porprocedementos legais, por seren morosos, cobizosos: se non podían aspirar a unhavivenda para que a mercaran? – Frívolos inconscientes. Fixéranlles perder unhachea de capital a persoas tan respectables e ocupadas”.
A base, a gran base da pirámide, non entende desas cousas. "Son moitísimose hai que guialos en rebaño, indicándolles o que deben pensar, crer, votar,consumir, ata que punto, cando…… senón son incapaces. En realidade sempre foiasí e debe seguir sendo para ben de todos.”
Iso está inscrito dende a noite dos tempos na natureza: o primeiro homuserectus que agarrou un pau, fìxose coa banana. Non hai volta !!!!!
Algúns elementos da base albiscaron un fío de luz na sombra: animáronse econvocaron xuntanzas solidarias coma colonias de insectos gregarios. Berraronconsignas, ergueron os brazos, as cabezas e os ollos pero as súas voces tanembaixo estaban que non chegaron á cúpula que ademais estaba insonorizada,blindada e protexida por se ás veleidosas masas un día lles dá….. Nunca se sabepor que….
Tanto tempo se mantivo a situación que pouco a pouco a masa que vivía na parte escura, entre osdetritos e mexos de gatos, afeitos a ser manexados e esmagados evolucionaroncoma todas as especies, botaron unexoesquelete para protexerse do medio, afixéronse a sobrevivir sen traballo,sen consumir nada porque o trueque xa deixara de funcionar e a moeda posuíanatoda os da cúpula que claro está, non lles valía para nada. Pasóuselles ese detalliño:se acaparaban todo, todo, é coma se non tiveran nada, nadaAsí comezou, mellor dito, así acabou a historia das dúas cidades, nunhamesma, unha derriba da outra……….
Os de arriba, cegos de ambición, pensaron que non facían falla os de abaixo,esqueceron que eran a base. Craso erro:
Sobreviviron os de abaixo, curtidos mutantes, afeitos a todo, ata asobrevivir sen nada.
Parecían dúas cidades pero era unha soa, unha simbiose parasitaria na que odepredador subestimou a resistencia da base.
gema, 14 – 02 - 12
Pola linguaxe empregada semella unha historia de ciencia-ficción, pero o que ven sendo o teu relato é unha crónica da nosa sociedade actual, un retrato con algunhas pinceladas case surrealistas que reflicte a nosa realidade.
ResponderEliminar