A túa entrada de martes de Antroido fíxome retroceder no tempo... Camiñei cara atrás polo pasado e aterrei nun faiado ... Naquel espacio da infancia onde quedaron amoreados cromos, días de sol, bonecos de cartón, regras de ortografía, a cara do meu pai, contos de fadas, recendos a pelicas de laranxa, a voz da miña nai, días de Antroido con sabor a filloas recén feitas, anacos de nubes e unha morea de soños sen estrear que se perderon tras das arañeiras que cubrían a claraboia... Naquel faiado, entre trastos vellos, quedou atrapada a miña infancia...
E venme, agora á cabeza algo que escribiu Javier Sanz no seu libro " La soledad le escribe cartas al olvido" Di así:
"De niño:
Quería tocar el arco iris;
me gustaban los trasteros, olían a secretos;
miraba por las ventanillas de los trenes
aunque estuviese oscuro.
Busco entre los cajones la risa de mi infancia"
Pero endexamáis atoparemos a chave do caixón onde quedou encerrado para sempre o noso riso de neno...
( Foto de internet)
Sabes? ese sorriso está reservado nun estoxo, quedou gardado entre as fibras máis segredas. Pódelo escoitar como resoa, cada noite cando te deites, coa luz apagada e os ollos pechos.
ResponderEliminarÉ precioso o que dis e estou convencida de que podemos escoitar o eco dos risos , pero nunca poderemos recobralos. Endexamáis volverán ser nos noso labios os mesmos...
ResponderEliminarGrazas de todos os xeitos por palabras tan fermosas.