sábado, 18 de febrero de 2012

MUNDO CONVULSO

Un mundo convulso
creado por deuses de barro
trepida baixo a longa sombra
dun Norte bébedo de poderío
ata a cardiopatía.
Baixo a marea de miseria que asolaga o Sur anémico
                                              expremexentes do Norte
baixan ávidos de materias
coas que satisfaceren a súas fauces insaciables:
A cambio de sangue mana o petróleo, o coltán,
escravos, ouro,  luxurioso ébano....
O mundo convulso
treme baixo o fragoroso combate
dos poderosos contra os poderosos,
por máis poder….
               gema, 17-02-12plantación, semillasImaxe de Google
Quero tamén ao lado por a semente da ESPERANZA

1 comentario:

  1. Un poema duro, precisamente
    por ser consecuente coa realidade que nos está tocando vivir.
    Estás moi concienciada, amiga miña, con todo o que está a pasar no mundo e os teus escritos así o demostran.

    ResponderEliminar