Imaxe Google
A pantalla catódica non
para de cuspir detritos inhumanos. Tapo a cabeza para non ver a escandalosa
destrucción cósmica, para que os ollos non se me afagan e a alma non se me
acartoe.
Tapo a cabeza
mentres me pregunto onde está Deus agora? Quizabes mirando outros mundos mentres este
se lle vai das mans. Se unha vez veu, seica redimirnos, agora era
imprescindible que baixara en persoa, non
o fillo. Que se arrincara perante o mundo, as veas a tiras e as febras fío a fío, para crermos na súa existencia.Que mundo creou que apodrece en carne viva baixo terribles pragas de lume e fame ?
gema, 16-03-09
Se fora verdade que deus creou este mundo, teriamos que pensar que o fixo nun día de bebedela e logo, avergonzado abandonouno
ResponderEliminarEu penso que fumado, por iso o fixo de risa ....
ResponderEliminar