Fai hoxe arredor de 45 anos!!!!!! Dúas
cuartas de neve cubrían a claraboia da cociña o
que lle daba unha luz como leitosa.
Meu pai, Luis o
Xastre, nun xesto moi de seu cando estaba satisfeito, refregaba as
mans dicindo:
Temos cocho
morto, as fillas na casa, pan e viño,temos todo,
que neve o que queira....
Para
os meus adentros pensaba: non papá, eu non teño todo
aquí, máis ben
todo
está noutro sitio,
que
non neve máis.....
Hoxe,
tantos anos despois, se os meus fillos estiveran aquí, cun cacho de
cocho na pota, pan e viño,
unha
gran raiola de sol entrando pola ventá da cociña, refregaría as
mans coma Luis que xa non está
(herdei
o xesto cravadiño), e diría: Temos todo.
E
os meus fillos dirían o mesmo ca min daquela.
gema,
día de Antroido do 2012
Diferencias xeracionais miña amiga... Sempre foi e será así.
ResponderEliminarPero gústame o que dis e como vés , fíxome volver a vista cara a trás... Por algo o teu tempo pasado é tamén o meu...
the andoratrSabio o señor Luis. Y sabia sua filla... Solo el recuerdo ya es tesoro, reflexión profunda de la vida contada de la mejor manera.
ResponderEliminarEn un flash vi toda la tierna escena...como si hubiera estado allí. Ojalá vuelva la nieve.