Fillo de labregos naceu en Vilariño, concello de Guitiriz en 1914 e finou en Lugo en 1989 . Aprendeu as primeiras letras na escola ,e en 1929 ingresa no seminario de Mondoñedo ainda que non chegaría a ser crego. Estuda Latin e Humanidades e máis tarde Teoloxía. No seminario confírma a súa vocación de escritor.
Foi traballar a Madrid, onde pasa moitos anos como traductor, coñecía todas as linguas europeas.
No ano 1961 ve a luz o seu único libro Nimbos.
A súa poesía recorre a paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a realidade do país.
Quizais sexa este fermosisimo poema o máis coñecido:
PENÉLOPE
Un paso adiante, e outro atrás , Galiza,
i os teus sonos non se moven.
A espranza nos teus ollos se esperguiza
aran os bois e chove.
Un bruar de navios moi lonxanos
che estrulla o sol coma unha uva.
Pero ti envolveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algun día
a xente que levaron, Deus é o mesmo
Suco vai e suco ven, Xesús María,!
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono
un paso adiante i outro atrás , Galiza.
Xosé María Diaz Castro.
iMOS ENCHER A PAISAXE DE VERBAS GALEGAS.
ResponderEliminar