domingo, 18 de mayo de 2014

O abismo branco ( unha visión do cadro " O bosque do abismo blanco " de Isabel Pintado )

Detéñome sempre ás portas do bosque
no colo dourado das mimosas;

é perigoso camiñar descalza !

O chan está estrado de toxos,
follas secas dos piñeiros,
espellos escachados,
coroas de loureiro,
as follas arrincadas dun caderno,
a cuberta mollada dun libro por abrir,
a plumaxe esgazada dun paxaro
que non puido voar...

Chaman por min a luz dun vidueiro,
as fadas que viven nos carballos,
a mazá que recolle as bagoas do salgueiro

No branco abismo da memoria
na póla do amieiro
canta o merlo.


      Ana López

No hay comentarios:

Publicar un comentario