miércoles, 14 de mayo de 2014

TODA UNHA VIDA DE LETRAS GALEGAS


NA OUTRA BANDA
Na outra banda dixéreonme
os vellos vanse convertindo en arbres
vellos tamén sin follas na cara do sol
agardando sin saber o qué
mudos.

Pro súpetamente un arbre calisquer
sinte rubir dentro del a seiva dun soño
beira da morte xa pro aínda
morno como o leite da nai.

O soño vai rubindo polas veas do arbre
unha vida enteira que pasa
ate facerse paxaro nunha ponla
un paxaro que recorda canta e vaise
denantes de que todos os arbres morran.

Si eu me fago arbre vello na outra banda do río
e me toca ser o arbre que recorda e soña
ben segura podes estar de que soñarei contigo
cos teus ollos grises como a alba
e coa tua sorrisa
coa que se vestiron os beizos das roseiras
nos días máis felices
 
Álvaro Cunqueiro     - foto propia - Marcelle





2 comentarios:

  1. Somos árbores;
    carballos, mimosas, vidueiros,
    castiñeiros, amieiros, pexegueiros
    e algún despistado loureiro..

    ResponderEliminar