miércoles, 21 de mayo de 2014

Reixas

su vista está cansa del desfile de las rejas

          Rainer María Rilke


Xa non sabe de quen é a imaxe
que o mira dende o espello.
nin de quen son os ollos entornados
que non atinan a ver toda a paisaxe.

Anda ó redor de círculos concéntricos
sen se atrever a xirar no máis pequeno.

Está ó remate dunha viaxe apresurada.

Aventaxou hai tempo sen chegar a deterse 
a estación dos adentros onde moran
os nacidos seis días antes do Nadal.

Deambula afastado da xente por andeis solitarios
cargando coa maleta dos versos en precario.

Anda perdido no xardín das prantas rubidoras
onde non chega o marmurio das ondas.

Non soubo liberar o voo como o neno a pelota,
esmoreceu no corazón o grao sementado.

Esgazou o fío das cousas importantes
o aire, a casa, a árbore que desvelan o verso
na procura da patria inexistente do Parnaso.


      Ana López.


1 comentario:

  1. Son moitas as veces , quizais demasiadas, que andamos ao redor de círculos concéntricos" ou que "viaxamos en círculo"
    Coma sempre o teu poema chégame ao máis profundo .
    Cada día escribes mellor Aniña. Parabéns!!!!.

    ResponderEliminar