martes, 3 de diciembre de 2013



MIRADAS TORVAS

 A vida cambia, o mundo xira.  As persoas modifícanse pola vida e polo mundo.  E iso é o que pasou o outro día.
 Atopeime nunha reunión cun amigo meu que facía anos que non vía.  Cando o vin, notei que había algo nel que non cadraba.  Algo na mirada, coma se perdese brillo ou se modificara.

Na reunión había unha persoa máis, un home sabio que fala pouco pero acerta moito.  Así que como había confianza, pregunteille que  fixo.  E  comentoume que seica operara os ollos.
 Que existía unha nova técnica coa que  podías aclarar a cor do iris e conseguir que sexan  
azuis,verdes...
E mireille, e si que eran azuis, pero un azul estraño, turbio e diría que sen alma.  Non dixen nada  pero aquel home sabio, que falaba pouco e acertaba moito, soltou:
Temos sorte de non vernos o fígado, os intestinos ou o corazón.  A de xente que se cambiaría a cor, o tamaño ou a forma.  Un é o que é.  Has de amar o  teu propio caos.  Amar o teu propio caos...
Ninguén dixo nada máis.  Tan só miradas.  Ollos azuis novos mirando a outros escuros e os escuros a outros marrón claros.  Quizá debésemos amar o noso propio caos.. ¡¡¡¡

A. Espinosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario