miércoles, 25 de diciembre de 2013

Anda a chover pola comunicación. Ás veces ves pasar pola rúa un paraugas e unha parella e poste a fabular. Nestas festas apaguemos os móbiles e pechemos os paraugas. Que caia por nós a choiva da vida, porque pode que ande solta unha "poeta" e saque conclusiós como esta...

INCOMUNICADOS

Chovía pola estrada
o paraugas falaba.

Garecía a un home grís
e a unha muller calada,

ou a unha muller sen voz
e a un home sen palabras?

Pingueiras de choiva
na rúa solitaria.

       Ana López.

1 comentario: