La música es una casa de cristal en la ladera
donde vuelan las piedras, ruedan las piedras.
Y las piedras atraviesan la casa rodando
pero todos los cristales quedan intactos.
Tomás Transtömer.(Bálticos y otros poemas)
" Os primeiros acordes...Pecho os ollos e pérdome naquel bosque de arpexos, a harmonía dos instrumentos invádeme. Voo entre as notas dos violíns, persigo os rechouchios da frauta, acóchome detrás das cordas das arpas...Agora o piano, primeiro son lenes gotas de choiva que caen sobre as follas de árbores inexistentes, auga que flúe lentamente e salpica as miñas pálpebras, despois imparable caudal sobre o que navego nun barco de papel...
Concha Parga (Viaxe en círculo)
Da "casa de cristal en la ladera" de Transtömer, a "navegar nun barco de papel" de Concha ; dúas fermosas metáforas para falar do mesmo: a beleza delicadisima da música, nestes tempos máis necesaria que nunca.
!Que a música vos envolva!
Ana López.
Miña querida Ana: Quedo sen palabras.... A miña humilde prosa ao carón da de Transtöner... Non será ... "un sacrilexio literario"?
ResponderEliminarGrazas polo cariño que me tes, só iso pode explicalo.
Pois dase o caso de que esta menda considera moi serios os asuntos literarios e procurei ser moi obxetiva, precisamente polo afecto que che teño. Ao meu parecer o teu texto ten unha calidade indiscutible e sobor de todo autenticidade .
ResponderEliminarAgora miña amiga somos os lectores os que sentimos as palabras.
A esta lectora gústoulle o texto moitísimo.
Grazas de novo Ana. Agora, mais que nunca, faltanme as palabras, precisamente porque teño que crer nas tuas e non sei traducir a emocion que me producen...
ResponderEliminar