miércoles, 18 de diciembre de 2013

BO NADAL

O Nadal anda a medir como nos atopamos de amor, saúde e cartos. A eso deron en chamarlle: ILUSIÓN.
Eu diría que van en proporción directa: canto máis amor e saúde teñas máis aumenta o espiritu navideño. Os cartos non van nada mal dende logo, polo menos o necesario para vivir con dignidade. É certo que "no solo de pan..."  pero pan e teito sí ten que haber porque senón ¿onde colocamos o neno Xesús?
Xa sabedes que dín que os ricos tamén choran e que os cartos non os salvan da gadaña !só faltaba! No camposanto todos iguais. Aí si que estivo acertado o creador.
Pero o que é definitivo para encher as casas de ledicia é poder contar con algún neno/a. Por eles aínda que andes algo en precario botas man das resevas de ilusión que todos levamos no corazón. Nós temos o previlexio de contar coa nosa fadiña particular que nos abastece a todos.
Hoxe son malos tempos non solo para a lírica. Para algúns será imposible por máis que os televexos turren e turren con eses anuncios de familias marabillosas ó redor dunha mesa ben surtida, luces de cores, arboriños con fitas douradas, e que sei eu...Para empezar non teñen onde poñelos, nin sequera na rúa que van camiño de "externalizala" tamén
Bueno, nesto non se pode cabilar porque non é bo para a ilusión; dache por pensar e maldecer e esto non está no catálogo.

               Ana López.

2 comentarios:

  1. Hoxe a ilusión pretenden vendela nos grandes almacéns. Brillan nas rúas falsas estrelas de luz que queren tapar a pobreza e as inxustizas e acenden luces de cores para que ceguen a realidade, porque aínda non aprenderon que hai cousas que non son obxecto de transación nin de artificios, esas que só habitan no corazón das xentes de ben.

    ResponderEliminar
  2. E no teu corazón habita unha grande sensibilidade social tan necesaria sempre!

    ResponderEliminar