PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
sábado, 7 de diciembre de 2013
Malia o último verso espero que o drama non se repita.
XINETES
Os días traen pouco ceo
e un traquelear de ferraduras.
Non se foron nunca do outro lado da porta
estaban agochados agardando o momento
de reescribir a historia.
Nós, aletargados nesta noite longa
mentres impunes abaten a xustiza
ocupan as rúas,selan as bocas, rodean as prazas
acoitelan aos pobres que asaltan os valos.
Teñen o cabalo branco, o arco e as frechas.
Derriba das vidas estragadas
negro,vermello e amarelo
cabalgan.
Repítese o drama.
Ana López.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A esperanza de que non se repita permitenos camiñar entre a luz e as sombras dos dias...
ResponderEliminar