martes, 17 de diciembre de 2013

DESPEDIDA DO OUTONO

Amoréanse nun recuncho da varanda
as últimas follas do outono.

Algunhas deambulan extraviadas
polas táboas molladas do paseo.

Gardan adeuses
no pechado instante dun abrazo.

O río reflicte a luz dun sol improvisado.



         Ana López

2 comentarios:

  1. Acabouse o follar (quero dicir o pisar follas secas, ou en que estabades pensando...?) Agora virá o chapotear e o se enmantar e se "empatucar"
    Dende logo, hoxe non se pode dicir que ande eu moi poética...

    ResponderEliminar
  2. Pois a min prestoume o texto , rinme un cacho!
    Vas ter que darlle os relatos de humor , tes "un aquel"

    ResponderEliminar