ELES NON SE MATAN UNS AOS OUTROS
PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
domingo, 25 de noviembre de 2012
sábado, 24 de noviembre de 2012
TREGUA
!Non van a acabar con nós!
Séguenos latendo a mesma fé e a mesma entereza
no caixón de xastre que levamos no peito.
Seguimos cada día enxendrando ilusións
nunha realidade de banzos invisibles
que baixamos enganando o tempo,
coidando non romper un nocello, retorcer un brazo,
ou que nos tiren ó chan.
Camiñamos por un hoxe destruído, cara a un mañá incerto,
demorando a chegada en formas imprecisas
que lindan coas promesas.
!Non acabarán con nós!
Inda lembramos cando os días eran amables,
o mar erguía metáforas no solpor,
os reloxios non encontraban as horas,
e os soños non asinaran unha tregua.
Ana López.
Séguenos latendo a mesma fé e a mesma entereza
no caixón de xastre que levamos no peito.
Seguimos cada día enxendrando ilusións
nunha realidade de banzos invisibles
que baixamos enganando o tempo,
coidando non romper un nocello, retorcer un brazo,
ou que nos tiren ó chan.
Camiñamos por un hoxe destruído, cara a un mañá incerto,
demorando a chegada en formas imprecisas
que lindan coas promesas.
!Non acabarán con nós!
Inda lembramos cando os días eran amables,
o mar erguía metáforas no solpor,
os reloxios non encontraban as horas,
e os soños non asinaran unha tregua.
Ana López.
jueves, 22 de noviembre de 2012
SORRIR
Francesco Tonucci, coñecido como Frato escribiu un fermoso libro que se titulaba"Niño se nace", as historias contaban con uns dibuxos xeniais. Os debuxos non podo peñérvolo , o que acompañaba esta historia é un neniño totalmente perplexo e dí así:
Imaxinade o neno e no globo característico dos comic o seguinte:
"-A los seis años, cuando empecé a ir a la escuela en Pedreira, no entendía nada porque en casa se hablaba gallego.a los ocho, en Frankfur,no sabia alemán. Ahora en Pedreira, no entiendo nada porque sólo hablo alemán"
Francesco Tonicci( Emigración-1983)
Imaxinade o neno e no globo característico dos comic o seguinte:
"-A los seis años, cuando empecé a ir a la escuela en Pedreira, no entendía nada porque en casa se hablaba gallego.a los ocho, en Frankfur,no sabia alemán. Ahora en Pedreira, no entiendo nada porque sólo hablo alemán"
Francesco Tonicci( Emigración-1983)
ESPERANZA
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Sabeduría popular
Ás veces, por un casual, un escoita preguntas axenas e lembra unha expresión perdida na nenez dunha riqueza !incrible!:
"hai que ilas levando"
Non se trata diso a vida?Aceptar con naturalidade as circunstancias que atopas no camiño.
"hai que ilas levando"
Non se trata diso a vida?Aceptar con naturalidade as circunstancias que atopas no camiño.
SEN PARAÍSO
A noite
é un estrondo de bombas e de berros.
Derrubaron as casas
enchendo de bagoas solares baleiros.
Amontoaron ausencias.
Os visitantes ferraron os afectos,
desabotoaron a realidade.
A carraxe arrastra corpos torturados polas rúas.
O medo anica os corazóns,
camisas de forza paralizan o amor.
A compaixón viaxa nun vagón abandoado
nunha estación pantasma:
Unha larva agochada na traxedía.
Ana López.
é un estrondo de bombas e de berros.
Derrubaron as casas
enchendo de bagoas solares baleiros.
Amontoaron ausencias.
Os visitantes ferraron os afectos,
desabotoaron a realidade.
A carraxe arrastra corpos torturados polas rúas.
O medo anica os corazóns,
camisas de forza paralizan o amor.
A compaixón viaxa nun vagón abandoado
nunha estación pantasma:
Unha larva agochada na traxedía.
Ana López.
martes, 20 de noviembre de 2012
Que se acocha tralos "días de..."?
...Ás veces intereses comerciais, outras algunha clase de marxinación
Entre as pedras do deserto
florecen sorrisos
que a miseria non é quen de afogar.
Entre a inmensidade da nada
e ante un futuro sen pan
os ollos da infancia
son pozos cheos de luz
porque aínda non saben
que as areas, baixo os seus pés,
asasinaron a esperanza…
| "Os taxistas” do deserto.
Nenos con mans expertas e a pel queimada polo sol da inxustiza.
|
LUÍSA VILLALTA(poeta e violinista)
"A súa esencia persoal e creativa era unha fusión, unha dobre pertenza á música e á poesía"
Miguel Anxo Fernán -Vello.
En marzo do 2004 Luísa Villalta colleu un tren con destino descoñecido e deixóunos as súas palabras sostidas nun "pizzicato" que belisca as cordas dos nosos corazóns.
Grazas sempre, que cheguen as nosas palabras onde sone agora o teu violín.
Ana López.
A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens
só chegan ou parten.
por eso tamén somos nós
a nosa última estación.
Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extranas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.
Onda nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido de nós.
Luísa Villalta.(1957-2004)
Miguel Anxo Fernán -Vello.
En marzo do 2004 Luísa Villalta colleu un tren con destino descoñecido e deixóunos as súas palabras sostidas nun "pizzicato" que belisca as cordas dos nosos corazóns.
Grazas sempre, que cheguen as nosas palabras onde sone agora o teu violín.
Ana López.
A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens
só chegan ou parten.
por eso tamén somos nós
a nosa última estación.
Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extranas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.
Onda nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido de nós.
Luísa Villalta.(1957-2004)
domingo, 18 de noviembre de 2012
QUE NON VAI SER TODO NADAL...
Eviado en correo por Conchi, picantona...Dos viejecitos conversando:
- ¿Prefieres el sexo o la Navidad?
- ¡Sexo, claro! Navidad hay todos los años .
TERRA SANTA
Que paradoxo ¡¡¡¡¡
O calvario segue alí,
as pedras derraman sangue
baixo a rutina do medo ....
sábado, 17 de noviembre de 2012
REISEÑORES
Os reiseñores non viven no bosque,
non buscan gallas para facer niños,
nin elevan o canto sobre cumes azuis,
nin buscan abrigo na ramaxe.
Habitan nos suburbios, en casas de ladrillo,
erguen a súa melodía monocorde na friaxe do asfalto,
levan o soño do amor no corazón,
e anuncian, como sempre, a primavera.
O seu canto é un mencer preñado de luz
nas fráxiles follas do futuro.
Creron as cancións de vellos reiseñores
escritas en partituras de promesas,
hoxe cinza atrapadas na espesura dun mal soño.
Deixádeos cantar;
escoitade esa estrofa entumecida de medo
por onde brota a fonte da esperanza.
Deixádeos voar;
presos, afogan o seu canto para sempre,
voarán coas ás caídas, escondidos no silenzo.
Trabucáronse;
saíron có sol da invernía pensando que era primavera,
e caeron abatidos na rúa das estrelas.
Os que por alí pasaban recolleron, nun xesto solidario,
o canto.
Ana López.
non buscan gallas para facer niños,
nin elevan o canto sobre cumes azuis,
nin buscan abrigo na ramaxe.
Habitan nos suburbios, en casas de ladrillo,
erguen a súa melodía monocorde na friaxe do asfalto,
levan o soño do amor no corazón,
e anuncian, como sempre, a primavera.
O seu canto é un mencer preñado de luz
nas fráxiles follas do futuro.
Creron as cancións de vellos reiseñores
escritas en partituras de promesas,
hoxe cinza atrapadas na espesura dun mal soño.
Deixádeos cantar;
escoitade esa estrofa entumecida de medo
por onde brota a fonte da esperanza.
Deixádeos voar;
presos, afogan o seu canto para sempre,
voarán coas ás caídas, escondidos no silenzo.
Trabucáronse;
saíron có sol da invernía pensando que era primavera,
e caeron abatidos na rúa das estrelas.
Os que por alí pasaban recolleron, nun xesto solidario,
o canto.
Ana López.
martes, 13 de noviembre de 2012
OUTRO PRESTIGE
Os listos dixeron que non pasaba nada
cando as redes se fundían no chapapote
e os peixes morrían.
Non dicían a verdade,
agora tampouco.
Ana López.
Foto:Fernando Barbeyto.
cando as redes se fundían no chapapote
e os peixes morrían.
Non dicían a verdade,
agora tampouco.
Ana López.
Foto:Fernando Barbeyto.
lunes, 12 de noviembre de 2012
DIÓGENA
Non sei o tempo que levaba andando, nin cantos camiños percorridos.Á luz do día, na almofada da noite,pola sombra da lúa...
Anda que te anda,mira que te mira polo ollo do día.
Fixen pasadizos nas lapelas do tempo buscando respostas que eu mesma tiña.
!Fai falla ser parva!
Bateu en min como unha bala perdida.
A tolemia non pode ser entendida,
!non leva prospecto de información!
Ana López.
Anda que te anda,mira que te mira polo ollo do día.
Fixen pasadizos nas lapelas do tempo buscando respostas que eu mesma tiña.
!Fai falla ser parva!
Bateu en min como unha bala perdida.
A tolemia non pode ser entendida,
!non leva prospecto de información!
Ana López.
ANIMACIÓN Á LECTURA
................. SEMPRE VOLVEN.
Adiviña o que é:
precursora de internet,
no bico leva un olivo
e unha mensaxe no pé.
Adiviña o que é:
precursora de internet,
no bico leva un olivo
e unha mensaxe no pé.
O CORAZÓN DA ÁRBORE
"Poder caminar sin engañar al pájaro, del corazón al árbol..."
René Char.
Ter a terra por destino;
camiñar sen rendirse por un mundo imposible.
Remendar as saias do futuro cunha luz sen límites,
ver nacer as estrelas nas fontes da noite,
esquivar lóstregos de horizontes de ferro.
Falar na linguaxe dos paxaros
ao corazón da árbore.
Ana López.
domingo, 11 de noviembre de 2012
GROSOS E GRATIS BICOS PARA TODOS
Que mellor para unha mañá de domingo ¡¡¡¡¡¡ Bicos gordos e redondos ... É unha propaganda de
A Opinión pero eu opino que usalos de valde. Agasallo para todos os que entren.
sábado, 10 de noviembre de 2012
PENSÁNDOO BEN
La huida
Tal y como está España estoy por huir, pero he cogido un
mapa mundi y no me decido a donde.
Si me voy a Alemania me van a hacer trabajar
más y me van a despedir con poca indemnización.
Si me voy a EEUU, me pueden despedir sin
pagarme nada y además solo tendré una semana de vacaciones al año.
No me quiero ir a Inglaterra mientras no
nos
devuelvan Gibraltar y he pensado en Francia, pero me he dado cuenta que está
llena de franceses.
El resto lo he tenido que descartar por la
fuerza de la gravedad.
Si me voy al sur, la situación no ha
empeorado, porque no puede ser peor.
En el norte de África no hay paro, porque no
hay trabajo y en el único país estable Marruecos, no hay ni carreteras ni
hospitales.
Más al sur solamente se puede ir a trabajar
a una ONG o a cazar elefantes.
Si me decanto por el oeste, o me expropian
como en Argentina o me secuestran como en México.
En Rusia me tengo que hacer mafioso. ¡Qué
pereza!.
En China no puedo abandonar mi puesto de
trabajo ni para dormir, porque me lo quitan.
En la India tengo que hacer mis necesidades en el mismo río en el que me lavo
la cara.
Y en los demás países que estoy viendo en el
mapa hay tanta miseria, tanta injusticia y tanto desorden que me dan
pena.
Al final aun queriendo huir, la realidad me
lo impide. Quiero que mis hijos vayan a una universidad aunque sea pagando un
poco más.
Si me da un infarto, quiero que me lleven en
ambulancia a un buen hospital aunque tenga que pagar 10 euros por la receta y
si no tengo dinero para poner gasolina, que haya autobuses, metro o incluso
AVE, para visitar a mi familia o para irme a la playa.
Quiero comer de vez en cuando jamón, cocinar
con aceite de oliva y reírme un poco, aunque no sea como antes.
La verdad, mirando detenidamente el mapa he
decidido quedarme en España?
Autor descoñecido,
viernes, 9 de noviembre de 2012
DESHAUCIOS
Milleiros de familias arrastradas das súas casas;
des-abastecidas,
des-abrigadas,
des-ocupadas,
des-asistidas,
des-pedidas,
des-concertadas.
Milleiros de vidas des-tragadas;
des-asosegadas,
des-alentadas,
des-corazonadas,
des-acretitadas,
des-airadas.
Milleiros de bagoas polos
des-afectos,
des-creídos,
des-acertos,
des-axustes,
des-aprensivos,
des-almados.
As des-grazas acumúlanse nas portas,
a xustiza des-cansa en palabras de pedra.
Des-arraigados non serán ninguén á intemperie,
só un des-afío na noite.
Fóra, sigue o berro da esperanza
e os versos inútiles nos muros.
Ana Lopez
CAVILACIÓNS
Todos
estes días veuse falando do caso Madrid Arena, e non me extraña,
analizáronse as responsabilidades dos políticos, das autoridades,
dos organizadores ........ e non me extraña, o caso é moi, moi
triste, nin que dicir ten.
Pero
a min fáltame algo: non oín en ningures mencionar a
responsabilidade que corresponde aos pais, primeiros
formadores, escola, medios de comunicación e propios
interesados.
Aquí
todos estamos pringados porque a nosa xuventude é o resultado dun
parto multidisciplinar e os resultados son moi preocupantes.
Oín
como algúns destes mozos declaraban que con 5 entradas pasaran 8 (
fraude ), como outros afirmaban que de mil asistentes 999 estaban
bebidos ou fumados, ou as dúas cousas, asaltantes embotellonados....
Son maiores de idade para todo (ou finxiron selo ), e logo a súa
responsabilidade, onde está ? Poderíanse facer asembleas de pais,
de ensinantes, de mozos, de medios de comunicación ...... en prazas
públicas e buscar alternativas a situacións tan penosas.
Non
oín falar de nada diso e penso que máis ben é a raíz da cousa.
Máis........,
música agresiva, estética agresiva, luces agresivas, alcol, armas
..... Onde está o extraordinario?
Gema,
09-11-12
jueves, 8 de noviembre de 2012
miércoles, 7 de noviembre de 2012
ANIMACIÓN Á ESCRITURA
A CULPA FOI DE NOÉ
Efectivamente, no caso da miña familia a culpa non foi do "cha, cha, cha", a culpa tívoa Noé´
A nosa historia comenzou cando un home algo chiflado que se chamaba Noé, deuselle por facer de visionario.
Os homes do tempo, que naquela época se chamaban profetas, anunciaron unha tormenta de "caravillo" e ao noso homiño non se lle ocurriu nada mellor que construir unha barca grandísima onde meteu unha parella de cada especie, a propia tamén.
Alí estivo unha tempada ata que as relacións se empezaron a deteriorar moito, entón pensou en mandar a alguén fóra para que, entre outras cousas, comprobase o estado das súas terras! caridade a xusta!E a quen se lle ocurriu mandar? a unha antepasada miña co perigo que supuña enviar a unha pomba no medio dunha tormenta con pouca luz, é sabido que nós nos orientamos polo sol.!canalla! como se non soupese que "nunca choveu que non escampase"
Pero unha misión biblica era unha misión bíblica.
Como puido!miña pobre! volveu á barca, e traía no pico unha ramiña que resultou ser de olivo.Dende entón pasou á historia como que levou a Paz.!Xa vés ti!
E aquí chegamos,dende entón de xeración en xeración, as pombas da miña familia voamos dun lugar a outro polo mundo para poñer paz nos homes, sen resultado ningún;de norte a sur, de este a oeste ,.sen ninguén que nos acolla, sen ter nada de noso,nin en propidade nin en aluguer ; non hai sitio para nós.
Xogámonos a vida todos os días porque agora non nos cae auga a chuzos senón balas, misiles, granadas, e sen por un casual se che ocurre descansar no chan podes atoparte cunha mina persoal.Na última misión unha bala levoume todas as plumas do cú e a miña imaxe de seriedade e rigor resentiuse moito, agora parezo un chiste e os poderosos riense de min !normal
Agora estou nuha praciña dunha cidade galega,confúndome coas outras pombas que se afanan por comer pedaciños de patacas fritidas que lles dá unha nena.Parece que están tranquilas, non sei...
Estou pensando en dimitir.
Ana López
lunes, 5 de noviembre de 2012
domingo, 4 de noviembre de 2012
UNA VIDA BARATA
Me acuesto tarde, no siempre me levanto, llevo una vida barata, no llego al 30% del día despierta….
Lo reconozco. Paso los días entre
algodones. Agustito, calentita. Ni preocupaciones, ni compromisos ni
obligaciones. Es la vida que me gusta. Es la vida que deseo. Es la
vida que me permiten vivir.Me acuesto tarde, no siempre me levanto, llevo una vida barata, no llego al 30% del día despierta….
Como dicen hoy, una ni-ni, que ni estudia ni trabaja, y nadie me pide explicaciones.
En mi casa soy la reina, no tengo hermanos y todos los mimos son para mí. Con sólo una mirada consigo lo que quiero. Así que puede decirse que soy feliz.
Nadie me exige correspondencia ni de cariño ni de trabajo, soy yo la que demanda y la que da sólo lo que le apetece.
Y como soy muy independiente, en mi casa me dejan a mi aire. Sólo esperan que ese aire sea algo favorable hacia ellos de vez en cuando.
Así que con mi aire voy y vengo a mi voluntad y apetencia. Si quiero portarme me porto, si no pues paso de todo y de todos y me quedo en cama todo el día, o me largo de juerga.
Hablando de juerga, lo único que les sienta mal en casa es que salga de noche. Pero yo, ni caso.
Para mí la noche es mágica, la luna es como un imán que me atrae. De día prefiero dormir, pero por la noche se me activan todas mis vitalidades. Es entonces cuando desaparezco y no regreso hasta el amanecer.
Se que en casa se preocupan, temen que
me pase algo, pero a mí me da igual. No es que salga todas las
noches, pero sí que para mí es una necesidad el trasnochar y
pasarlo bien con los colegas de la pandilla.
Sobre todo con mi nuevo vecino Pancho.
Sobre todo en la parte de atrás del coche de su familia. Una
tapicería de cuero negro muy confortable.Llevo unos días como pesada, tengo más apetito del habitual y más ganas todavía de dormir. En mi casa me miman cada vez más, no les importa mi nuevo estado, es más están felices con mi embarazo.
Mi barriga casi roza el suelo y mis tetillas están hinchadas. Espero que esta vez mis cachorritos se logren todos y no como la última vez, que perdí dos.
Es lo que tiene el ser una gata, me acuesto tarde, no siempre me levanto, llevo una vida barata.
Angela Fernández
sábado, 3 de noviembre de 2012
COLORES DE OUTONO
viernes, 2 de noviembre de 2012
Se estiveses aquí
sería
quen de secar tódolos ríos
para lavarche tanta dor.
Se estiveses aquí
envolvería en vendaxes de néboa tanta angustia
e faría de almofada do teu medo.
Se
estiveses aquí
roubaría
para tí tódalas risas
e
trocaría en amor a túa desgraza.
Se
estiveses aquí
sorbería
o teu pranto
e
choraría contigo docemente.
Se
estiveses aquí
diríasme
as palabras que non me dixeches
e
eu as que non me poideron saír.
Ana López.
jueves, 1 de noviembre de 2012
"A 1 de novembro convén recordalo..."
Comala
| "...decepcionados e tristes, depositando na outonía as follas caídas das ilusións" |
Conservo como reliquia o meu Pedro Páramo, ano 1980, 190 pesetas escritas a lapis por riba da editorial: Colecciones Populares Planeta. Teño o libro cheo de notas. Daquela eu quería ser escritor. Pensaba que a literatura era algo máis que escribir sucesos. Pensaba que o divertimento non servía como único fin dun libro, que había outras cousas, revelacións, misterios, búsquedas e lúas no adentro. Pensaba tamén que non existía un destino máis feliz que o de sentirse escritor, vivir mil vidas, contemplar mil almas latexando coa túa, palabra por palabra, corazón arriba. Finalmente a literatura resultou ser o que eu non pensaba que era, e nesas andamos, decepcionados e tristes, depositando na outonía as follas caídas das ilusións. Pero quedan outras ilusións. Encontreinas entre os mortos de Comala, que son eses que levamos prendidos na pel e faltan. Os que daban amor sen pedir a cambio nada. Aloumiñaban con auga fresca as mañás da miña rúa de barro e libros, onde a felicidade estaba ao cabo da man, chuvia por chuvia. Un sempre é feliz cando ignora demasiado. Un é feliz cando non quere abrir os ollos. O problema é ver, abrilos, contemplar este horizonte de pedra, noite longa de espanto. Pero quedan os que non están e os que están, alentando. A 1 de novembro convén recordalo. Páxina 76: «Lo que pasa con estos muertos viejos es que cuando les llega la humedad comienzan a removerse. Y despiertan». Espertan e cabalgan as nosas tripas, estremecéndonos. Vemos os seus dedos sobre os nosos. A súa boca de bicos lirios aire. Recordar, aínda que non o creas, é vivir outra vez. Revivir, como en Comala.
Artigo publicado por Xosé Carlos Caneiro na Voz de Galicia (Foto propia)
Artigo publicado por Xosé Carlos Caneiro na Voz de Galicia (Foto propia)
miércoles, 31 de octubre de 2012
ANIMACIÓN Á ESCRITURA ---- COMO MEVOLVÍN ¡¡¡¡
Adormezo tarde.
Non sempre me ergo ... Levo unha vida barata, non chego ao 0`001 %
do meu nivel de satisfación, outro 90% ocúpao a xenreira acumulada
contra o mundo por non ofrecerme as posibilidades que me
corresponderían alícuotamente nun reparto universal.
É certo que a
beleza non foi escasa comigo, nin a intelixencia ... pero tamén hai
que ser suertuda.Os meus pais non me regateaban nada para que estudiase onde quixese e o que quixese. Matriculeime na universidade. Pero eu, tan inexperta rapaza de vila pequena, cheguei á gran cidade e as luces de neón seducíronme, descubrin roteiros que ignoraba, sabores, praceres e estados que
se non saíse daquela pequena vila nunca coñecería.
Nin tempo tiven de estrear a facultade. . Coñecín xente tan guapa, tan divertida e alternativa que me convenceron de contado que coa miña figura a carreira xa a tiña feita. Debía publicitarme, buscar un manager e darme a coñecer, o resto viña rodado.
E veu rodado, vaia se veu.
No mesmo círculo de novas amizades que atopei estaba Jorge, un cubanazo que desde o primeiro día me engaiolou coa mirada, o sorrir e a súa desenvoltura tan natural, polos seus contatos me dixo que el mesmo me conduciría ao ceo das estrelas.
Os cartos dos meus pais chegaban puntualmente cada mes coma a regla, e se non me alcanzaban nunca reparaban en facerme outro envío. Dicialles que todos os libros que me recomenda na facultade eran escandalosamente caros.
A eles no negocio íalles ben, hai que ter olfato para todo e eles co da funeraria tivérano, nunca falla, aínda que agora a min desde aquí me parecese un pouco vulgar.
Mentres afianzabamos a amizade e faciamos proxectos tamén fixemos viaxes, eu descubrín un mundo de luxos e luxurias inaudito e sentabame ben. O meu físico non fora concebido para menos.
Preparei books cos mellore retratistas, mercamos os modelos axeitados, que a miña pel pedía nun berro ata daquela silenciado. Todo iso da man de Jorge, xa definitivamente non o meu manager senón o meu gurú.
Cada día me
sorprendía con algunha proposta nova porque eran tantos os seus
contactos. Aquel día chegou cun par de billeta para irmonos a Miami
porque lle chegara o ofrcemento dunha empresa americana AMH (
Arquetipo de Mujeres Hermosas ) que era o soño de calquera fémina.
Era urxente a
resposta e con urxencia pillamos o primeiro avión. A meus pais
telefoneilles dicindoque por motivos de estudos tiña que ir a Nova York. Nunca máis saberían nada de min.
Pasamos tres ou
catro días en Miami, xa non lembro ben, coñecendo cada vez xente
máis glamurosa e tamén máis extrana. Houbo un momento de cordura
que me asaltaron certas dúbidas, Jorge borrou de inmediato cun
sorriso e unha mirada daquelas.
Rematamos a
estancia porque precipitadamente tivemos que sair para Nova York. Eu
deixabame levar coma cando estás nun soño que non podes reaccionar.Do aeroporto fumos directo a unha instalación que eu imaxinei estudios cinematográficos. Magnífico edificio de arquitectura postmoderna, inmaculadamente branco, rodeado como de tapiz esmeralda, sen ventás porque supuxen equipado coas últimas tecnoloxías ( e tamén de derradeiras vontades que non imaxinei ).
Adentrámonos por corredores asépticos coma os dun hospital e baleiros coma os dun manicomio.
Jorge coñecía as instalación, pasaba unha tarxeta ou pulsaba un teclado e tiñamos acceos a diversas estancias.
Chegamos a unha toda de cristal traslúcido con luz artificial branca, todo branco. Mesa branca, sillóns hergonómicos brancos, inútiles lánpadas de diseño dentro daquela luz case cegadora.Fun pasando a man sobre os obxectos que me ofrecía un tacto descoñecido, ou cambiaría a miña epiderme?
Con esa interrogación nos ollos mirei a Jorge que non me sorriu e convidoume a sentar ao seu lado.
Miroume en fite cos ollos demudados en terribles pozos negros que desprendian un líquido...
Mira Laura,
chegou a hora da verdade. Eu isto non o fixen nunca con ninguén,
fago o meu traballo e xa está pero contigo non podo, por moito que
me doia vouche ser sincero por se valera de algo, en recompensa á
toda a túa inxenuidade e docilidade: eu son un desgraciado, un
depredador. Funo ata o de agora, isto non o volverei a facelo máis
porque me namoraches e me despertaches o que podía quedar en min de
ser humano. Son un elemento infiltrado a servicio dos fines médicos
da CIA. Recluto xente de diferentes etnias e idade para a AMH que en
realidade reponde ás siglas de
Arquetipos de
Material Humano.Esta xente serve para experimentar sobre ela os
efectos de bacterias chegadas doutros planetas, materiais radiactivos
e outras moitas investigación das que nós, os axentes reclutadores,
non estamos ao tanto. Así avanzan os laboratorios os seus
descrubrimentos para a humanidade....Dígoche todo isto, miña querida Laura porque sei que ti non vas sair de aquí nin vas poder confesarllo a ninguén.
Vou fuxir a calquera rincón ignoto do mundo, onde, se os remordementos me deixan vivir, non me atopen nunca estes desgraciados.
Apretoume contra si e desapareceu. Quedei coma estatua de cristal non sei o tempo que.
Agora o 5% ocúpanmo os recordos da miña infancia, cando estou lúcida, e os remordementos o resto da porcentaxe.
A
MIÑA BELEZA ¡¡¡¡¡¡
gema,
31-10-12
CANCIÓN INFANTIL A DÚAS MANS
Imos facer do outono unha canción
e cantámola despois;
No outono caen as follas,
amodiño, amodiño;
verde , amarelo,
roxo e marrón,
pintan o chán
de moita color...
-As follas non pintan avoa.
-Cobren o chán?
-Si
No outono caen as follas
amodiño, amodiño.
verde, amarelo,
roxo e marrón
cubren o chán
de moita color.
Ana López e Xana Barbeyto
martes, 30 de octubre de 2012
DUBLÍN
Bonita idea a de Lino Braxe de recitar poemas en lingua galega cada quince días ás 8´30 no Dublin, distendido ambiente, bonita música, sinxelo e cercano, nada protocoloso, bonitos contos magníficamente narrados por Xabier Docampo e bonitos poemas de Olga Patiño.
Sabor de reconciliación coas palabras intelexibles e a LINGUA.
Sabor de reconciliación coas palabras intelexibles e a LINGUA.
ALHUCEMAS
"O mar é unha illa de auga rodeada de ceo"
Manuel Antonio.
Saíron ao mencer fuxindo da pobreza,
coas ilusións enredadas nos argazos do destino
e un muíño de luz no corazón.
Vogaron por soedades asolagadas
ata a noite que rompeu a mareaxe dos soños
esnaquizados na quilla.
O frío e o cansazo ausentaron as palabras,
non se escoitou ningún berro no vento.
Rexistraron catorce cadaleitos cifrados,
sen nome, nin talla nas lápidas.
Ás beiras do mar recolleron os abrazos
dos que ían no barco.
Ana López.
lunes, 29 de octubre de 2012
TAMÉN HAI QUE RIR
El marido llega con un arañazo en el cuello que le hizo su amante,
abre la puerta, y le da una patada al gato y la mujer pregunta:" ¿Qué te ha pasado
mi amor?"... "Este Gato hijo puta me arañó ""....... Y dice la
mujer...: dále bien fuerte que a mi me mordió las nalgas y me hizo un chupetón en una teta!!!!!"
abre la puerta, y le da una patada al gato y la mujer pregunta:" ¿Qué te ha pasado
mi amor?"... "Este Gato hijo puta me arañó ""....... Y dice la
mujer...: dále bien fuerte que a mi me mordió las nalgas y me hizo un chupetón en una teta!!!!!"
Moraleja: Si te crees muy listo.... tu mujer te lleva años de
ventaja.
ventaja.
domingo, 28 de octubre de 2012
sábado, 27 de octubre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ni%C3%B1as+del+desierto+recortada.jpg)
