Adormezo tarde.
Non sempre me ergo ... Levo unha vida barata, non chego ao 0`001 %
do meu nivel de satisfación, outro 90% ocúpao a xenreira acumulada
contra o mundo por non ofrecerme as posibilidades que me
corresponderían alícuotamente nun reparto universal.
É certo que a
beleza non foi escasa comigo, nin a intelixencia ... pero tamén hai
que ser suertuda.Os meus pais non me regateaban nada para que estudiase onde quixese e o que quixese. Matriculeime na universidade. Pero eu, tan inexperta rapaza de vila pequena, cheguei á gran cidade e as luces de neón seducíronme, descubrin roteiros que ignoraba, sabores, praceres e estados que
se non saíse daquela pequena vila nunca coñecería.
Nin tempo tiven de estrear a facultade. . Coñecín xente tan guapa, tan divertida e alternativa que me convenceron de contado que coa miña figura a carreira xa a tiña feita. Debía publicitarme, buscar un manager e darme a coñecer, o resto viña rodado.
E veu rodado, vaia se veu.
No mesmo círculo de novas amizades que atopei estaba Jorge, un cubanazo que desde o primeiro día me engaiolou coa mirada, o sorrir e a súa desenvoltura tan natural, polos seus contatos me dixo que el mesmo me conduciría ao ceo das estrelas.
Os cartos dos meus pais chegaban puntualmente cada mes coma a regla, e se non me alcanzaban nunca reparaban en facerme outro envío. Dicialles que todos os libros que me recomenda na facultade eran escandalosamente caros.
A eles no negocio íalles ben, hai que ter olfato para todo e eles co da funeraria tivérano, nunca falla, aínda que agora a min desde aquí me parecese un pouco vulgar.
Mentres afianzabamos a amizade e faciamos proxectos tamén fixemos viaxes, eu descubrín un mundo de luxos e luxurias inaudito e sentabame ben. O meu físico non fora concebido para menos.
Preparei books cos mellore retratistas, mercamos os modelos axeitados, que a miña pel pedía nun berro ata daquela silenciado. Todo iso da man de Jorge, xa definitivamente non o meu manager senón o meu gurú.
Cada día me
sorprendía con algunha proposta nova porque eran tantos os seus
contactos. Aquel día chegou cun par de billeta para irmonos a Miami
porque lle chegara o ofrcemento dunha empresa americana AMH (
Arquetipo de Mujeres Hermosas ) que era o soño de calquera fémina.
Era urxente a
resposta e con urxencia pillamos o primeiro avión. A meus pais
telefoneilles dicindoque por motivos de estudos tiña que ir a Nova York. Nunca máis saberían nada de min.
Pasamos tres ou
catro días en Miami, xa non lembro ben, coñecendo cada vez xente
máis glamurosa e tamén máis extrana. Houbo un momento de cordura
que me asaltaron certas dúbidas, Jorge borrou de inmediato cun
sorriso e unha mirada daquelas.
Rematamos a
estancia porque precipitadamente tivemos que sair para Nova York. Eu
deixabame levar coma cando estás nun soño que non podes reaccionar.Do aeroporto fumos directo a unha instalación que eu imaxinei estudios cinematográficos. Magnífico edificio de arquitectura postmoderna, inmaculadamente branco, rodeado como de tapiz esmeralda, sen ventás porque supuxen equipado coas últimas tecnoloxías ( e tamén de derradeiras vontades que non imaxinei ).
Adentrámonos por corredores asépticos coma os dun hospital e baleiros coma os dun manicomio.
Jorge coñecía as instalación, pasaba unha tarxeta ou pulsaba un teclado e tiñamos acceos a diversas estancias.
Chegamos a unha toda de cristal traslúcido con luz artificial branca, todo branco. Mesa branca, sillóns hergonómicos brancos, inútiles lánpadas de diseño dentro daquela luz case cegadora.Fun pasando a man sobre os obxectos que me ofrecía un tacto descoñecido, ou cambiaría a miña epiderme?
Con esa interrogación nos ollos mirei a Jorge que non me sorriu e convidoume a sentar ao seu lado.
Miroume en fite cos ollos demudados en terribles pozos negros que desprendian un líquido...
Mira Laura,
chegou a hora da verdade. Eu isto non o fixen nunca con ninguén,
fago o meu traballo e xa está pero contigo non podo, por moito que
me doia vouche ser sincero por se valera de algo, en recompensa á
toda a túa inxenuidade e docilidade: eu son un desgraciado, un
depredador. Funo ata o de agora, isto non o volverei a facelo máis
porque me namoraches e me despertaches o que podía quedar en min de
ser humano. Son un elemento infiltrado a servicio dos fines médicos
da CIA. Recluto xente de diferentes etnias e idade para a AMH que en
realidade reponde ás siglas de
Arquetipos de
Material Humano.Esta xente serve para experimentar sobre ela os
efectos de bacterias chegadas doutros planetas, materiais radiactivos
e outras moitas investigación das que nós, os axentes reclutadores,
non estamos ao tanto. Así avanzan os laboratorios os seus
descrubrimentos para a humanidade....Dígoche todo isto, miña querida Laura porque sei que ti non vas sair de aquí nin vas poder confesarllo a ninguén.
Vou fuxir a calquera rincón ignoto do mundo, onde, se os remordementos me deixan vivir, non me atopen nunca estes desgraciados.
Apretoume contra si e desapareceu. Quedei coma estatua de cristal non sei o tempo que.
Agora o 5% ocúpanmo os recordos da miña infancia, cando estou lúcida, e os remordementos o resto da porcentaxe.
A
MIÑA BELEZA ¡¡¡¡¡¡
gema,
31-10-12
Que imaxinacion miña amiga!!!!! Encantoume a historia. E inxeniosa, imaxinativa e unha metáfora que nos remite a realidades próximas . Pero semellame que esta esta escrita con demasiada precipitación. Pensó que poderias mellorala un chisquiño ( tampouco precisa moito) en canto a forma. So uns cantos paragrafos ( o quinto por exemplo) Se che digo insto e porque ti insistiches moitas veces en que deberíamos facelo
ResponderEliminar