"O mar é unha illa de auga rodeada de ceo"
Manuel Antonio.
Saíron ao mencer fuxindo da pobreza,
coas ilusións enredadas nos argazos do destino
e un muíño de luz no corazón.
Vogaron por soedades asolagadas
ata a noite que rompeu a mareaxe dos soños
esnaquizados na quilla.
O frío e o cansazo ausentaron as palabras,
non se escoitou ningún berro no vento.
Rexistraron catorce cadaleitos cifrados,
sen nome, nin talla nas lápidas.
Ás beiras do mar recolleron os abrazos
dos que ían no barco.
Ana López.
Este poema, como outros moitos teus e unha autentica crónica do que xa ven sendo o noso triste acontecer cotian. Oportuno, sentido, emocionado berro de pesar e impotencia e estéticamente fárabes. Parabens.
ResponderEliminarEstás tan SEMBRADA,Ana, que xa non che dou comentado e ademais repítome.
ResponderEliminarOs diamantes repousan moito tempo, fan coma ti ata que te metaforseache... Perderiamos un diamante.