martes, 4 de septiembre de 2012

CAPEAR O TEMPORAL

Sen saber por que, veume agora mesmo á cabeza coma un puñetazo a frase: quen canta o mal espanta.
A partir de aí todas as ideas me veñen enfiadas coma un rosario. Será o momento de porse a cantar ineludiblemente, desesperadamente?
Cando era pequena, lembro, que se viña a tronada, o Sr. Pedro subía ao campanario, agarrábase aos badales e pin pan-pin pan, non se baixaba ata que a tronada abría. Que abría ¡¡¡¡¡¡¡ de verdade. Daquela non sabía por que e agora tampouco. O caso é que funcionaba.

Pois coa que temos derriba, penso eu, logo, igual, se nos poñemos a CANTAR coma quicos, daquelas cancións de taberna e xastrería, que por certo matou a T.V, igual escampa, vai ti ver......
E a RIR ....... porque a risa óese máis lonxe que o pranto .........

Vaio gato metido nun saco ..... Comenzamos:








No hay comentarios:

Publicar un comentario