miércoles, 19 de septiembre de 2012

OCHAL

Existiu de verdade aquel instante multicolor
prendido na rede de follas e de frores
do teu chal?
Enchéu a túa limpa risa as horas da inocencia
ao pouco de espreguizarse a mañá?
Iluminou o espazo aquela luz tan pura
ou foi só unha imaxe fuxidía doutro tempo?
Sentín a rima dos teus pasos ó abrigo do abrazo?
Vin a dozura da mirada?
Oin a leda cantiga dos teus beizos
antes de que as voces, muxica a muxica,
apagaran o lume do verso?
Había poesía
ou soñei que existía?
Ana López

2 comentarios:

  1. Que bonito poema, Ana. Estás dunha inspiración que me ofende ......

    ResponderEliminar
  2. Si, Aniña, ten razón Gema, estás que te saes...
    Cada poema supera ao anterior .
    Parabéns POETA!!!

    ResponderEliminar