lunes, 17 de septiembre de 2012


                 A RISA DO MAR
Cando choiva
solta a dorna no mar.
Navega mar adentro,
non te demores na ardentía.
Pon bolboretas brancas por velas
e sigue as verdes singladuras dos peixes de colores,
farán de fareiros as estrelas.
Cando choiva,
deixa que a risa do mar
leve lonxe a túa pena.
Ana lópez

1 comentario:

  1. Tentadora singradura a que propón o teu poema. E non exenta de verdade. Cantas veces no riiso das ondas navegaron as nosas penas....

    ResponderEliminar