O monte Goía é o mirador da Terra Cha, o vixía da entrada dende a Mariña e dos meus cafés postaenmarcha de cada mañá, durante moitos anos. Está na parroquia de Lousada - Xermade - Lugo.
Fun testemuña de como foron facendo grandes cicatrices na súa apiderme e nas súas entrañas, arríncandolle a cachos a súa esencia para faceren outra cousa. Fun testemuña muda, por iso fixen esta
MINI
De Goía queda só coma unha teta
coa mamila apuntando ao ceo,
o resto é Gaiás.
gema, 28-09-12
Miña querida amiga neste outono case prematuro no que o calendario instala o corazón , vas ti e falas de Goia e volve o verán sobre o seu cume nunha foto fixa na memoria de días lonxanos no que a silueta dos seus picos
ResponderEliminarchamabanme con forza dende o lonxe...