domingo, 29 de julio de 2012






SOLPOR NO PORTIÑO

Tras a ventá de pedra do Portiño
déitase no Atlántico o sol maduro
coma unha enorme mandarina.
Detrás a lúa crecente pálida de prata
sobre o monte cárdeno de breixo,
diminutos corazóns fucsia.

Acuarela para enmarcar na memoria,
no devalar do tempo,
que ti e eu gardaremos nas meniñas.
Gema, 29-07-12


2 comentarios:

  1. Tantas imaxes detrás das meniñas, tantos soles apagándose e volvendo a nacer...Tanto tempo devalado enrugando a memoria...Miña amiga.

    ResponderEliminar
  2. Porfa...devólvelle as cores ao Patio

    ResponderEliminar