Xa as profecías mayas viñan dicindo que en xullo do 2012 habería algún cambio importante e velaí:
a partícula de Dios.
O deus dos tempos modernos, de laboratorio, como corresponde.
A incredulidade espertoume a curiosidade polas crenzas. Paradoxos da vida ¡¡¡
Todos os homes de todos os tempos buscaron algo superior , que non entendían nin dominaban, para adoralo: o vento, o lume, o sol .... Cando se chegaba a explicar o fenómeno cumpría buscar algo novo, superior, incomprensible, no que crer e adorar, algo, en definitiva, que te dominara para non facerte responsable de ti mesmo, para botarlle as culpas e someterte á súa vontade indiscutible .....
(Aventurados os que teñen fe porque máis ca rebaño, son nenos en gardería)
Logo do da Evolución de Darwin, quedamos en paños menores.
Pero para salvación de todos, como por arte de maxia, aló nas modernas catacumbas de Suiza e Francia, salta a chispa dun novo deus: A ENERXÍA. Incomprendida, insondable, inmedible.......
gema,05-07-12
No hay comentarios:
Publicar un comentario