martes, 24 de julio de 2012

CARNE CRÚA



Non me considero unha aguda observadora mais fai unhas semanas que me chama a atención algo:
o prezo da carne crúa.
Explícome, porque carne crúa é case toda a que se merca, máis ben debera dicir carne viva, pero podería interpretarse de moi variadas formas e ademais é un capricho lingüístico. Carne crúa. Soa moito mellor.
Son unha seguidora cotiá das desventuradas novas que aburan a nosa paupérrima patria, non teño nin idea do que pode suceder, se eu fora España, tirábame ao mar ......
Non fai falla numerar todas as carencias nas que se van sumindo todos os sectores da sociedade, menos, UN, coño. Casta de deuses, opio do pobo?
O FUTBOL: Están en zafra de compra de carne crúa, para iso non importa a cor, dá o mesmo, págase ao mesmo precio. A canto sairá o gramo?
Catro mil millónsa, dous mil, cinco mil ..... ou máis por peza, por cabeza ......
E póñeno nas noticias a continuación de todas as anteriores penurias, sen ningún rubor nin chisco de vergonza, e a min dáme vergonza e arrebáteme.
Manexan cifras astronómicas de cartos nos seus clubes, adeudan cifras millonarias á S.S. E o único que fan é correr coma desgraciados, 22 tíos, tras dunha bóla, mentres cuspen, berran, insultan, quebran òsos ..... Claro que o choio debe de estar en que milleiros de cerebros abducidos e adormentados non pensen noutra cousa.
Só entendo á miña cadela.
gema, 24-07-12

2 comentarios:

  1. De acuerdo contigo. Aquí sumamos los canales de TV que emiten partidos a cargo del gobierno de turno... Cuando habría que invertir en hospitales, escuelas y pagar atrasos en jubilaciones o aguinaldos de docentes.
    El mundo está patas para arriba, pero siempre con los sufrientes abajo.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. É unha bonita sorpresa atopar un comentario no PATIO, acompañando as miñas reflexións, por certo, doutra reikiana.
    Máis aínda tendo en conta de que este Patio anda moi, moito de vacacións, como corresponde.
    Grazas rosa.

    ResponderEliminar