domingo, 15 de julio de 2012

LA RESISTENCIA


O silencioso Patio deste verán atípico?... lévame á reflexión e como outros o fixeron antes ca min, cando atopo un texto co que empatizo tanto e eu non sería capaz de escribir tan ben, selecciono, copio e pego:
Velaí

Hai días nos que me ergo coa esperanza demencial, nos que sinto que as posibilidades dunha vida máis humana está ao alcance das nosas mans. Este é un deses días.
E, entón, púxenme a escribir case ás tentas na madrugada, con présas, coma quen sae á rúa pedir axuda ante a ameaza dun incendio, ou coma un barco que, a piques de se afundir, fixera un derradeiro aceno ao peirao que sabe que está cerca pero enxordecido polo bruído da cidade e a cantidade de letreiros que enturban a mirada.
Pídolles que nos deteñamos a reflexionar sobre a grandeza á que aínda podemos aspirar se ousamos valorar a vida doutro xeito.
Pídolles a carraxe que nos sitúa na verdadeira dimensión do home..........
Os valores do espírito  pódennos salvar deste terremoto que ameaza a condición humana.
Ernesto Sábato – La Resistencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario