Abrir a ventá
despois do derrube das murallas do sono e sentir
toda a forza de toda terra, todo o ceo e todo o mar a percorrer as
veas.
A
música do mar non é a mesma de onte, nin a escuma. Coller hoxe nel
a mellor vaga e ascender á súa cresta para baixar bébeda de sal
polo seu ventre liso e verde ata bicar a area da praia tépeda e
solitaria do oasis.
Observar
como a raíña dos ingleses aquelaba as uñas mentres desfilaba a súa
fachendosa delegación de atletas vestidos coma Principiños.
Xogos
Olímpicos, Oh- limpia
–
das ¡¡¡¡ lixadas con tres ducias de paises en guerra nas que non
gañarán os mellores, seguro, segurísimo.
E
por se fora pouco ( que non gañamos para sobresaltos ), cando
tiñamos todo sabido sobre pirámides, deuses, momias e demais,
aparece o novo misterio das pirámides bosnias ....
Navegar,
cada
día, demoradamente,
sobre
o contradictorio pracer do ASOMBRO
e
o AMOR,
que
vén a ser o mesmo.....
gema,29-07-12
Imaxe Google
Encántanme os teus comentarios, sintese de poesía, realidade e crítica social. Xeniais!!!
ResponderEliminarE...Seguimos a navegar cada día entre ondas de escuma que agarima e bica e area que ás veces fire e manca...
Grazas Conchirritiña por loubar as miñas loucuras..
ResponderEliminar