lunes, 30 de julio de 2012

MATICES


Hai un conto indio que me gusta moito. Máis menos así:
Ían cinco ou seis cegos por un camiño e atoparon algo descoñecido que comenzaron a apalpar.
Un colleu unha orella e dixo: isto é unha cousa delgada, plana, áspera, con pelos.....
Outro que estaba agarrado a unha pata díxolle: pero es parvo, ou? Isto é unha columna redonda,..
O terceiro que agarraba o rabo sentenciou que era unha corda delgada .....
E así o da trompa e o do lombo.
TODOS TIÑAN RAZÓN. O caso é como a percibes.
Isto vén ao caso de que onte mandeil
le un correo a unha amiga de meu dicindolle: puxen o blog moi limpiño, mira se che gusta (decidírame por uns tonos grises moi finos.
Contestoume de contado:
Ai non!!!!!! sintoo pero estábache moito máis bonitiño antes e máis alegre, agora semella de loito, tan serio e gris... para gris xa temos a .......  O gris é unha cor triste . Vólveo a "pintar" anda.... Arco iris

Eu non pensei no blog senón en que sempre ando vestida de colores neutros e seguro que a amiga de meu pensa que son triste e gris.... Ou sereino de verdade????
Vouno pintar de rosa para que non pense ......
gema,30-07-12



2 comentarios:

  1. Non miña amiga, para nada me semellas triste e gris. Ademais a túa roupa , independentemente da cor e sempre moi divertida. Sempre ten algo que a fai especial, que te caracteriza e fai distinta, de verdade. Sabes que alá pola nosa idade ... (aquela na que nos coñecimos) a min sempre me admiraba a túa forma de vestir...? Eu si que quizais daquela vestía moito máis "prudentemente" que agora ( creo que invertín as idades...)
    En canto ao rosa , non está mal , pero seguíame a gustar máis antes... Pero grazsa por "pintalo " de novo.

    ResponderEliminar
  2. É unha tendencia de verán ....

    ResponderEliminar