O loro é un dos paxaros máis incomprendidos deste planeta. Ben mirado, son os precursores das novas tecnoloxías sen que en ningún momento se lles rendese respecto nin admiración. E con todo foron eles e non outros quen, coas súas frases urxentes e sentenciosas, veñen desde tempos remotos abríndolles o camiño ás redes sociais como Twitter ou Facebook. Auténticos tweets que nunca exceden os 140 carácteres como ?Luisa, esta sopa está fría?, ?Con esa minisaia esta nena non sae á rúa? ou ?Houston, temos un problema? inundaron os fogares que teñen a fortuna de sentar un loro á súa mesa.-- Francisco R. Criado
|
PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 30 de agosto de 2013
PARA A MIÑA INÉS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario