PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
miércoles, 7 de agosto de 2013
Hoxe vexo o mundo ao revés...
Hoxe vexo o mundo ao revés.
O sol está no chan
e quéimame os pés.
Enguedéllanse as palabras
entre as pólas das árbores
mentres contemplo a lúa
prendida no espello
dunha habitación de hotel.
Íspome sobre un ceo de nubes,
durmo polo día
e o vento racha os meus soños de papel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario