TEMPO
O tempo non ten ollos,
non ve o musgo que medra na ventá
onde pendura o espello
que ninguén mira.
Non ve as bonecas de cartón
coa cara cuarteada
e os traxes desvaídos pola luz.
Enche os cuartos de seres diminutos
de ollos enormes.
Fai do po efímeras esculturas,
sementa cinza na melena.
Para que quere ollos o tempo
se non sabe a onde vai?
Non sabemos de certo se o tempo ten ollos pero seguro que ten pernas, hai que ver como corre cara a ningures deixando pegadas inquietantes...
ResponderEliminarPrecioso poema.
O tempo fai sucos na pel, sementa , como di o teu poema, cinza no pelo e condúcenos cara á nada...
ResponderEliminarFermoso poema. Conecto con el porque para min o tempo é un enigma iquedante e unha das miñas teimas...