google
Onte, a luz dunha mirada inocente iluminou a casa. Primeiro víronse refachos de luces exteriores que puideran ser anuncios da chegada de Papá Noel, a excitación prende nas meniñas dos ollos un punto como de temor e asombro, hai algún ruído descoñecido ...... que aumenta as sospeitas, todos se poñen en garda e disfrutan dese momento único no que a maxia envolve todo.
A avoa recibe unha chamada ( os tempos evolucionan) comunicando que se produciu a invasión misteriosa e agardada . Na entrada, indica a mensaxe. Na entrada da casa, no holin.
Entre ruxidos de papeis e exclamacións variadas produciuse o incendio da ilusión da vida e da esperanza para os que xa a temos algo apagada.
gema, 25-12-12
No hay comentarios:
Publicar un comentario