Cando eu nacín eran tempos dificiles,máis ou menos como agora,viñamos a este mundo con unha barra de pan baixo o brazo, ou eso dicían, o que non traíamos era un manual de instruccións, así que esto da vida era toda unha aventura dende o principio, un asunto de proba e error por camiños mal transitados, cheos de cruces mal sinalizados.Pero o que despistaban máis eran uns carreiros aparentemente doados de andar,cheos de frores polas beiras que te levaban polo aire...
Miña nai advertíame tódolos días que non me metese por alí, que aqueles vieiros non levaban a ningures e podían ser perigosos para min xa que tiña moitos paxaros na cabeza .Esto si que me poñía nerviosa ! que podía ser pior que ter aqueles inquilinos pica que te pica no miolo !
A curiosidade, a ánsia, ou o que demo fora, leváronme a percorrelos algunha vez, bueno para servos sinceira ! moitisimas veces !Eran parte de min, o que pasaba era que, ou me perdía ,ou me cansaba...
e daba a volta para a casa.
Miña nai non decía nada pero na mirada adiviñábase un !xa cho decía eu ! antes de bicarme e apertarme contra o seu peito. Para min que ela sabía do que falaba.
A altura dos meus anos penso que os soños non son malos, pola contra axudan a sentirte viva cada día e a ter esperanza, máis é preciso saber encaixalos na realidade porque as frores que medran polas súas beiras pode que teñan espiñas.
Unha soñadora irredenta.
E que nunca nos falten os soños. O segredo e camiñar cos pes ben suxeitos a terra mentres a cabeza voa entre as flores polos carreriros do aire....
ResponderEliminar