miércoles, 24 de octubre de 2012

PASTORES CEGOS

     Pastores cegos
 
 
Falades de amor
có ronroneo das abellas perdidas
na fondura do val da altiveza.
Despregades palabras estériles coma foguetes mollados
nun amor á medida do abano das apariencias.
Falades de amor
e non sodes quen de sentir o desacougo da pobreza,
nin ver como se alongan os días da fame.
Falades de amor,
e Aquel que amou ata o desangue
non recoñece a súa voz nesa mensaxe.
Falades de amor
a eses mozos que sucan insumisos as escumas dos soños,
onde o amor é un suave velo que os agarda
non unha choiva inútil de palabras.
Pastores cegos
instalados nas cumes da soberbia
escoitade o berro de agonía
dende o oco da noite da pobreza.
!Pisade a terra!
 
 
Ana López.

1 comentario:

  1. Bueno Ana, se es quen de facer deste tema un poema, nada se che resistirá.

    ResponderEliminar