Adicado a Jan Antonu Landsman, que naufragou en A Coruña, frente á Casa dos Peixes,cando pretendía teimudamente chegar ás costas de Grecia.

 Estaba no aire
regresar coas velas despregadas.
Abarcar o mar na procura de imposibles
canso de acougar soños sentado nas rochas.
Tal vez quixeras reconstruir Micenas
ou salvar a Democracia.
Esqueciches
que ti non eras o rei de Ítaca
nin fillo de deuses.
Descoñecias os segredos do mar
e as cartas de navegación
onde se sinalan os perigos dos naufraxios
máis alá das columnas de Hércules.
Quizais te esperara Penélope nas costas de Grecia
despois de rescatar Helenas das fauces de Troya;
ou fose o teu destino morrer lonxe do fogar.
A morte pechou a derradeira viaxe en alerta amarela
e o mar enmudeceu ao coro de Antígona. 
 Ana López.